TRiSMuS, o grupo de teatro da Facultade de Medicina, representa mañá no Auditorio Abanca a versión teatral do filme Some Like It Hot (Con saias e a rachar en galego, Con faldas y a lo loco en castelán). Todo o diñeiro recadado irá para a Fundación Andrea de apoio aos nenos con doenzas de longa duración, crónicas ou terminais.
Cando?
Cuarta feira, 11 de maio de 2016, ás 20h30.
Onde?
Auditorio Abanca, rúa do Preguntoiro, 23, Santiago de Compostela (ver no Google Maps).
Canto?
As entradas véndense no despacho de billetes do auditorio no mesmo día a partir das 15h30. O prezo xeral é de 5€, ou 3€ no caso de ser universitaria. Todo o diñeiro recadado irá para a Fundación Andrea.
Quen?
TRiSMuS é un grupo de teatro fundado en 1995 na Facultade de Medicina da USC, que busca a aprendizaxe de técnicas de interpretación e representación sen ánimo de lucro. Deste xeito, cada ano imparten un curso anual para formar novos actores e actrices, que finalmente representan unha obra en que son recadados fondos para unha obra benéfica. En total levan feitas 16 obras, entre as cales hai moitas adaptacións sorprendentes, como o Pulp Fiction de Quentin Tarantino ou o Todo o que sempre quixo saber sobre o sexo mais nunca se atreveu a preguntar de Woody Allen. E, á parte, tamén teñen organizado recitais de poesía e performances improvisadas.
Máis información no evento do Facebook: https://www.facebook.com/events/229664877397648/
Máis información no evento do Facebook: https://www.facebook.com/events/229664877397648/
Ningún comentario:
Publicar un comentario