Que vén sendo a homeopatía?



Xa vos avisara de que habería novos vídeos no Youtube d'As MIR e unha noites, non avisara? Decidín comezar coa homeopatía, un tema interesante que máis ou menos domino, do cal xa teño escrito algúns artigos pola Internet adiante. Perdoade se o tema xa vos parece demasiado trillado, mais por algún tiña que comezar.

Gustaríame moito que escribísedes nos comentarios do vídeo no Youtube cal é a vosa opinión, que cousas mellorariades do vídeo e crítica construtiva en xeral. Prometo tomar boa nota para telo en conta nos seguintes vídeos que faga. E non vos esquezades de subscribirvos no canal!

Ah! O artigo da Cochrane ao que fago referencia no vídeo é «Homeopathy: what does the “best” evidence tell us?».

1 comentario:

  1. Moi bo vídeo. A homeopatía é un engano que fai que moito doentes deixen de tomar os medicamentos que lles poderían curar para tomar "auga máxica" quen non fai nada. Vergoña que se permita esta estafa.

    ResponderEliminar