Non me lembro cando foi que decidín que quería ser médico, é algo que teño claro desde sempre. Fozando entre papeis de cando ía á escola encontrei esta redacción de hai exactamente 20 anos. No excelente debuxo que acompaña a inspirada redacción pode verse unha enfermeira á porta da miña consulta. E ten a plaquiña de Dr. Amil e todo!
E de regalo, a proba de que de pequeno a anatomía se me daba moito mellor do que se me deu despois na universidade.
E ollo, tería só 7 aniños, mais xa sabía que en galego úmero non leva h. Hai catedráticos de Anatomía da USC que non o saben...
Ningún comentario:
Publicar un comentario