A historia dun fracaso

«O sentido da vida é ir durmir coa esperanza de que mañá sexa un día mellor» Peanuts

Cando comecei este blogue, 3 de xullo de 2013, a miña idea era presentarme a ese MIR, á convocatoria de 2014. Non puido ser. No día 77(si, antes nomeaba as publicacións por días) daba conta da historia dunha derrota. Suspendera a Médica 3 e a Derma na convocatoria de setembro. Tiña que agardar outro ano. Era o segundo ano perdido, logo de que no meu cuarto ano de Medicina non conseguira pasar de ciclo e tivera que facer un ano-vasoira para recuperar as de atrás.

Un ano despois, 3 de xullo de 2014, estaba cheo de optimismo. Na convocatoria de xuño aprobara a Médica 3, e aínda que o de Derma estaba suspenso aínda estabamos á espera da resolución dunha reclamación. Finalmente, despois dun culebrón, a Derma estaba suspensa, mais aínda tiña a convocatoria de setembro. Moi mal terían que darse as cousas para que non puidese ir ao MIR 2015. Mais como din os anglófonos, shit happens, e en setembro happened unha shit de proporcións épicas. Suspendéronme a Derma cun 4,8. Dúas décimas e uns profesores resentidos fixeron que tivese que perder máis outro ano.

Pouco despois tomei a decisión de mudar de plano de estudos e pasar ao grao, como contaba no día 477. Facendo iso, recoñecíanme a Derma, mais en troca tiña que facer a ACOE e o TFGM. A pesar de moitos (moitos) problemas do TFGM, incluídos mudanza de titor e varias reformulacións do traballo, todo foi ben. No día 9 de maio fixen (e aprobei) a ACOE, e 25 de xuño de 2015 presentei o TFGM, co cal acababa oficialmente Medicina. Tardei 9 anos en facer unha carreira universitaria de 6 anos. Non é unha marca demasiado boa, mais tanto tiña, porque por fin ía poder ir ao MIR na convocatoria de 2016.

6 de febreiro de 2016, o día do MIR. Despois de meses de estudo, de soidade, de pasalo mal, de tirar dos pelos e angustiarme moito máis do que me gustaría admitir, por fin todo ía acabar. O exame fora raro e non estaba eu moi confiante, a verdade, mais á vista dos resultados dos meus simulacros do MIR, por mal que me saíse, contaba con ter polo menos unha praciña de medicina de familia.

A estas alturas da publicación supoño que xa sabedes que é o que estou a dicir. Non cheguei á nota de corte do MIR. Quedei a nada, raiándoa, e se chegan a anular dúas preguntas máis dábaa superado. Mais este ano, alén de ser un exame raro, foi das convocatorias en que menos preguntas anularon dos últimos tempos. A vida é dura.

Toca perder outro ano, pasar pola odisea de preparar o MIR de novo e tentar conseguir unha praza. O 2017 queda lonxe e os fracasos acumúlanse na miña biografía. Non sei, agora vexo as cousas bastante negras, mais cando a vida te tira ao chan o único que podes facer é erguerte e continuar adiante.

P.S: Hoxe é o día 985 do blogue. Dentro de pouco As MIR e unha noites chegará ás mil e unha noites. E eu continúo a vivir nun eterno Día da Marmota.

12 comentarios:

  1. Isto non é un fracaso, Jon. Podes velo de forma poética como un camiño máis longo para chegar a un mesmo punto. Podes velo de forma práctica como unha putada que te retrasa no teu obxectivo. Podes velo de forma relixiosa como as pedras que che pon Deus no camiño para poñerte a proba. Podes velo de todas as formas que se che ocorran.... pero en ningunha delas isto é un fracaso. Ánimo e forza, que a maior parte do traballo está feita!

    ResponderEliminar
  2. Te receto menos blog y más hincar codos .

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois eu recomendoche mais alegria e menos amargura. Como lectora sinto que este blogue fai unha boa labor divulgativa e amena da mediciña, da cal desfruto.

      Eliminar
  3. En esta carrera hay fracasos y hay victorias, hay suspensos y hay más que sufridos aprobados. Los hay que se hacen el paseo de rositas, y los habemos de los que tropezamos una y otra vez, pero al final llegamos igual. Sin duda tu meta tendrá el mejor sabor a victoria, porque el que la sigue la consigue y porque si después de tantas caídas se sigue intentando es porque merece la pena. Muchos años de estudio, pero muchos más como médico, ya verás. Nos vemos en la consulta, Doctor! Ya no queda nada.

    ResponderEliminar
  4. O importante é o esforzo, non o resultado! Fixeches o que poideches e iso é o que importa. Moito ánimo e sorte na próxima convocatoria.

    ResponderEliminar
  5. No día 1001 do blogue colle forzas e comeza a preparación para a 2MIR17!

    ResponderEliminar
  6. Súmome ó anterior comentario. Pensa que eres un dos opositores que parte con maior vantaxe para o 2MIR17 (mais tempo e experiencia). Colle forzas, lambe as feridas e comeza a baixar guias clinicas e facer test coma un condenado. Pensa que non tes alternativa. ¿ou vas empezar outra carreira agora? Pois eso.

    ResponderEliminar
  7. Cando veña un paciente á tua consulta, o que vai valorar é que lle axudes co seu problema... Ninguen te vai preguntar en cantos anos fixeches a carreira ou que numero de MIR tiveches... E cando o camiño se torce, as curvas sempre dan madurez e outra perspetiva, que sen dúbida te fan medrar tamén como persoa, algo tan necesario nesta profesion! Moitisimo animo!!!

    ResponderEliminar
  8. Jon, ti non me coñeces, pero eu tamén me presentei ó MIR este ano. E pódoche asegurar que o teu blog alegroume moitos dos días nos que me erguía agobiado, sobrepasado pola vida, destrozado polos malos resultados que estaba a ter na preparación. Así que, para min, ti es un grande. Poucas cousas tiñan o efecto que tiña ler o teu blog e ver que había xente pasándoas tan putas coma min e, aínda así, seguías animado, e sin pensar un segundo en renderte.
    Non decaias, amigo. Hai cousas ben peores que o fracaso, como por exemplo non ter o valor de intentalo.

    Durante a preparación do MIR aprendín que a nosa puntuación nese exame non ten nada que ver co desempeño profesional posterior. Pero como nos roeron a cabeza co dos percentís, as netas e todo eso, xa nos parece que os puntos que temos nese exame definen o que somos (e seremos). E non.
    Eu estou convencido de que ti vas ser un médico excelente. Tes todas as cualidades para selo. Non deixes que unha mísera nota de corte te afunda, ó fin e ó cabo non é máis ca un número.

    Ánimo! Os teus lectores estamos contigo!

    ResponderEliminar
  9. Ánimo Jon, todos os que seguimos o teu blogue mandámosche moita forza e confiamos en ti! O MIR é duro, a vida é dura, pero nunca choveu que non escampara. Unha aperta!

    ResponderEliminar
  10. ¡Mucho ánimo !
    Espero que ya estés en la conchi dándolo todo por el Mir2017.
    Yo estoy en tercero de Medicina y veo el cuarto muy lejos, tal es el montón de recuperaciones que tengo...
    Pero podemos con esto y con más.
    Verás como el Mir2017 además de una plaza "cualquiera" te va a dar una en un sítio donde te vaya mejor ;)

    ResponderEliminar