Conversas desde o cinema: "A ética da comunicación médico-doente"

A Asociación de Usuari@s do Servizo de Oncoloxia do CHUS (AUSO CHUS), en colaboración coa Unidade de Asesoramento e Apoio Médico-Psicolóxico da USC (UASAMP) organizan a primeira sesión de Conversas desde o cinema.

Será unha mesa redonda onde, a partir dunha selección de secuencias do filme Wit (non ten versión en galego, en portugués chamouse Espírito de Coragem e en castelán Amar la vida), se debaterá sobre o tema da ética na comunicación médico-doente. Estará coordinado pola Dra. Isabel Salazar Bernard (a profesora que nos meus tempos daba Relación Médico-Doente, e así entre nós direi que é sen dúbida a profesora máis transgresora da Facultade, e isto é unha gabanza) e contará coa participación como convidados do Dr. Barón (oncólogo do CHUS), da Dra. Paula Antelo (médica de familia) e dun membro da propia asociación AUSO CHUS. Fóra disto, estará aberto á participación de calquera persoa do público en xeral.

Terá lugar na Facultade de Medicina da USC a quinta feira 28 de xaneiro ás 19h15.

Póñovos o cartaz do evento:


Aquí ao final de todo, onde xa ninguén vai ler o que pon, direivos que nun principio falouse de que fose eu unha das persoas que participase na mesa redonda, mais pola proximidade do exame do MIR tiven que rexeitar o convite. Unha mágoa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario