«A estafa dos L. Casei», o piloto dunha serie que non foi adiante

A comezos do verán, a xente de IrmandadeTV púxose en contacto comigo. Estaban a buscar persoas para faceren vídeos curtos, estilo vlog, sobre diversos temas, para emitilos a través da Internet e dalgúns canais de televisión de ámbito local. Deste modo, unha tarde fun até o seu estudio e gravamos un episodio piloto.

Por desgraza, parece que IrmandadeTV está a pasar por un momento complexo e aínda non volveu retomar as emisións, polo que a estas alturas a serie de vídeos que tiña pensada facer non vai ir xa adiante. Entón, para que non se perda, partillo aquí ese piloto do que puido ser e non foi.


1 comentario:

  1. Es un crack, Jon. Un vídeo moi bo, coma sempre. Saúdos dun aspirante a BIR.

    ResponderEliminar