Hai 10 días pedíavos o voto nos Premios Bitácoras, onde este blogue estaba nomeado na categoría de Mellor blogue de saúde e innovación tecnolóxica. Pois ben, onte concluíron as votacións. O resultado podedes velo nesta imaxe:
Podedes ver a listaxe enteira aquí. |
Así é, As MIR e unha noites acabou no posto 36. Non chegamos ao meu obxectivo, que era o top 10, nin moito menos ao top 3 necesario para ir á cerimonia de entrega de premios. Mais sabedes o que? Tanto ten. Blogues con moitos máis seguidores e visitas quedaron en postos peores. E todo grazas a vós e os vosos votos. Moitísimas grazas!
Que se preparen os de Bitácoras, que para o ano gañamos seguro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario