Debuxando nas portadas dos manuais AMIR

As horas de estudo na biblioteca dan para moito, e o aborrecemento parece que acende o enxeño dalgunhas persoas. E se non, mirade á recompilación de portadas de manuais AMIR personalizadas que publicaron na páxina do Facebook de Memedicina.



As imaxes foron creadas polo Dr. Ben (OF, GC, NR), a Dr. Terrones (ET), a Dr. Patricia (NF), o Dr. Pablo (UR), o Dr. Rouco (IF), o Dr. Xavi (ED) e o Dr. Nuzambaumé (CD) para Memedicina. Todos os créditos van para eles. E, xa que estades, dádelle un gústame á súa páxina do Facebook, non vos vai decepcionar.


P.S: O mellor de todos é o de Saw no manual de Nefroloxía porque a Dr. Patricia é compañeira miña de Santiago. :P

Ningún comentario:

Publicar un comentario