A Pele da Flor, tatuaxes para vítimas de violencia machista

Flávia Carvalho é unha tatuadora de Curitiba, no Brasil. Alá polo ano 2013, chegou ao seu estudio unha muller que quería cubrir cunha tatuaxe unha grande cicatriz que tiña á altura do abdome. Falando con ela, descubriu que a cicatriz fora produto da violencia machista, xa que un home a esfaqueara nun club nocturno despois de rexeitalo.

E aí comezou todo. A historia conmoveu a tatuadora, quen nese momento decidiu que tiña que axudar na medida das súas posibilidades. E botou a andar o proxecto A Pele da Flor. Desde entón elabora deseños e tatúa de modo totalmente gratuíto todas aquelas mulleres vítimas da violencia machista, así como aquelas que sufriron unha mastectomía.

Se vos interesa o seu traballo, podedes ler esta entrevista que lle fixeron no Huffington Post (en inglés) e, sobre todo, dar un gústame á súa páxina do Facebook, onde ten fotografías das súas obras.

https://www.facebook.com/fla.tattoo/photos/pb.441976545976200.-2207520000.1443009363./520767408097113/https://www.facebook.com/fla.tattoo/photos/pb.441976545976200.-2207520000.1443009363./524387414401779/https://www.facebook.com/fla.tattoo/photos/pb.441976545976200.-2207520000.1443009363./524387414401779/

E lembra, se estás a sufrir violencia de xénero, non estás soa. Denuncia, non o atures máis. Podes chamar ao teléfono gratuíto 016 (se estás no Estado español) ou 800 202 148 (se estás en Portugal), e alí terás asesoramento e axuda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario