I Carreira Universitaria Solidaria (Run4Med)


O próximo 23 de abril ás 19h30, o estudantado de 6º de Medicina (promoción 2009-2015), xunto con Campus na nube, organiza unha carreira solidaria no Campus Vida de Compostela. O obxectivo é, alén de pasalo ben, recadar fondos para ARELA (asociación de apoio á infancia e á mocidade) e para ASANOG (Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galiza).

PERCORRIDO

A lonxitude total do percorrido son 5,7 km.

INSCRICIÓNS

Podes inscribirte na web Carreiras Galegas. Só tes que dar os teus datos e unha doazón de 8€. Tamén existe o dorsal 0 para a xente que queira facer unha doazón (entre 1€ e 20€) para apoiar a causa mais non poida correr. O límite para inscribirse é o día 20 de abril ás 19h.


DORSAIS E MÁIS INFORMACIÓN

Pódense recoller os dorsais para correr a partir do día 22 no local de Campus na nube (Praza do Seminario de estudos galegos, ao lado da facultade de Farmacia), no horario de 8h30 a 19h30. O prazo para recollelo acaba unha hora antes da saída da carreira. Haberá un servizo de gardarroupa nas instalacións de Campus na nube para que as persoas que participen poidan deixar as súas pertenzas.

Haberá medallas para as 3 primeiras clasificadas en cada unha das categorías, así como medalla para as 3 primeiras da clasificación xeral. E un detalliño para todas as participantes.

Se precisas máis información, ou queres estar atenta ás novidades, podes ver o regulamento da carreira na web Carreiras Galegas, unirte ao evento do Facebook, dar un gústame na páxina do Facebook ou seguir a conta do Twitter.

Regulamento (pdf): Descargar o regulamento da 1º Carreira Universitaria Solidaria
Facebook (evento): 1º CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA CAMPUS NA NUBE RUN4MED
Facebook (páxina): 1º Carreira Solidaria Universitaria Campus Na Nube Run4med
Twitter: @run4med

Ningún comentario:

Publicar un comentario