O que NON facer en caso de desmaio




SINOPSE: Ás veces imos camiñando pola rúa e vemos unha persoa desmaiada. Como temos que reaccionar neses casos? Pois iso non che vai quedar moi claro, mais con este vídeo saberás que é o que non debes facer.

Eu e os meus amigos de Irun comezamos un proxecto audiovisual chamado Macarrones con tomate, que dito así soa moi ben, mais que na verdade non é máis que gravar vídeos. E como preestrea, antes do vídeo que inaugurará o canal do Youtube de Macarrones con tomate e que marcará un punto de inflexión no audiovisual a nivel mundial, decidimos facer este pequeno sketch para As MIR e unha noites. Espero que vos guste.

Como nota curiosa, cando íamos gravar o vídeo dúas vellas víronnos andar coas cámaras e o material, e dixo unha á outra: "Míralos cargados con cámaras. Deben de ir a hacerse unos selfis o algo.".

Ningún comentario:

Publicar un comentario