Este artigo é unha colaboración de Alberto FM. Se tu tamén queres colaborar con As MIR e unha noites, ponte en contacto pola páxina do Facebook ou o correo-e contacto@asmireunhanoites.com.
Foto de myunmadebed.com. Si, hai unha web dedicada a publicar fotos de camas desfeitas. Para Alberto debe ser como ver porno. |
Para moitas cousas son unha persoa de costumes, teño as miñas manías e os meus “rituais” e ata hai quen cre que rozo a patoloxía… (bah, ter amigos psicólogos para iso…).
Ás veces a miña forma de facer as cousas xera entre os meus achegados opinións diversas, xeralmente con tendencia á mofa amigable, pero concretamente teño un costume que alguén da miña familia simplifica e interpreta como vagancia extrema. Esa é miña nai.
Dende que teño uso de razón e por moito que ela insiste (tanto que incluso cando non lle pode o xenio o fai por min, cousa que eu non pretendo, nin moito menos) négome a facer a cama. Pero iso si, ó erguerme deixo as sabas ben enroladas ós pés da cama, que son ordenadiño.
Si, sei que moitos estaredes a levar as mans á cabeza (“ala, que despoxo social”, “como se pode ser tan incivilizado”…) pero tamén sei que terei os meus apoios (“é o puto amo”, “é todo un loitador contra a tiranía matriarcal”…). En contra do que o “Colectivo de nais afectadas polos fillos que non fan a cama” pode pensar, non se trata de vagancia, senon de puro pragmatismo: Por que facer a cama se nunhas horas se vai volver desfacer? Por que perder o tempo estirando as sabas se se pode facer estando un dentro da cama? Sei que lle acabo de abrir os ollos a moitos de vós, non hai de que.
Pode que para moitos xa sexa unha batalla perdida hai tempo, pero eu conseguín manterme firme ata agora no meu parecer (os anos de universidade vivindo fóra da casa puxéronmo máis fácil, todo sexa dito) e hoxe chegou a recompensa que tanto agardaba, e fixoo da man da ciencia!
Un estudo da Universidade de Kingston (non de Xamaica, do Reino Unido) déixao ben claro: Facer a cama é malo para a saúde. E na miña casa, non tanto na facultade, sempre me ensinaron que o primeiro é a saúde…
Sei que cando miña nai saiba esto arrepentirase de terme educado en valores como a coherencia e de terme pagado unha formación científica… e pode que busque algún argumento en contra da evidencia científica e incluso que tente chantaxearme (“eu vou deixar de facerche a comida, total cómela nuns minutos e xa sabemos como acaba”)… pero grazas ó traballo de Stephen Pretlove e compañía síntome reforzado para manterme na loita contra o convencionalismo social de ter que facer a cama!!! Ou polo menos estareino ata que viva coa miña parella, aí teño dúbidas de que consiga manterme firme…
Nota: Podes ler Facer a cama é malo para a saúde, o artigo que deu pé a esta publicación, no GCiencia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario