Cynthia, radióloga: «Os 10 MIRdamentos»


Cynthia Vidal estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, presentouse ao exame MIR en 2014 e actualmente é R1 de Radiodiagnóstico no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Aquí nos resume en 10 mandamentos como debedes encarar a recta final do estudo do MIR.


A da imaxe non é Cynthia, obviamente. Cynthia ten o cabelo máis escuro.

OS 10 MIRDAMENTOS:
LER ANTES DE VOLTARTE MIRDA

1. Amarás o Libro Gordo [ou os desgloses] sobre todas as cousas: Nel están recollidas todas as preguntas e respostas dos últimos anos, xa sei que estas canso de velas e que fostes obrigado a facelas en simulacros anteriores… E aínda así segues a erralas, iso non che di nada?

2. Non dirás o nome da Academia en van: Se son 3 días para Pedia, son 3 días, ninguén vai darche un pin porque saques dias de Infecciosas para aprender o calendario vacinal. Hai materias que non renden e punto, se queres sabelo todo dunha especialidade fai un p*** bo MIR e gaña 4 anos desa residencia

3. Santificarás as festas: NON ESTUDES EN DOMINGO, imaxinastes unha semana de 15 días de estudo MIR? Precisas todo o tempo do mundo, pero tamén precisas non estar ingresado na planta de Psiquiatría para poder ir ao exame

4. Honrarás os simulacros: Non che apetece perder 4 horas de exame e 1 hora de corrección porque tes que estudar… Que fan os nadadores antes das Olimpíadas? Exacto: nadar! non ven o vídeo de “Buscando a Nemo” nin estudan Hidroloxía, así que nada! Maldita sexa!

5. Non matarás: Non importa cantas veces ameaces con suicidarte nin cantas emoticonas de carita chorando e pistola mandes. Iso non dá netas. Estudar dá netas. P.S: Tesnos a todos fartos e fixémosche unfollow no Twitter porque na vida real xa non che vemos, PESADO!

6. Non cometerás actos impuros: Así que non durmistes estudando Cardio, polo que non te levantastes para estudar Preventiva, pero xa o recuperarás na semana de Neuro? Sabes o ridiculo que sonas? Seguro?

7. Non roubarás: Non estudes por apuntamentos alleos, ler o subliñado dalguén é como usar a súa roupa interior… Apetéceche? Iso pensaba

8. Non darás falso testemuño nin mentirás: “Saquei 9000 netas”, “son o percentil 512”, “bla bla bla”. Escoita isto: a ninguén lle importa unha merda. E agora segue a estudar.

9. Non consentirás pensamentos impuros: Sabes que vai acontecer se vas ao MIR pensando que te vas pór nervioso e fracasar? Bingo.

10. Non cobizarás os bens alleos: Non te emparanoies co ben que lle vai a F.T.L. (vaille realmente ben!). O MIR é unha chave que permite abrir certas portas, traballa por poder abrir a TÚA e esquece o resto, dentro de 6 meses a ninguén lle vai a importar o teu número. Seis días. Seis horas. Seis minutos despois de coller a praza. Nin a ti.

Pois iso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario