10 experimentos perturbadores feitos en nenos




10. O experimento da cova de Robber: En 1954, 22 rapaces foron enviados a un campamento de verán. O experimento quería mostrar canto conflito podían crear, o que provocou combates cos puños, roubos e incendios. (Máis info na Wikipedia)

9. A terceira onda: Un proxecto onde foi introducida metodoloxía fascista nas aulas. Os estudantes tornáronse malvados. Despois de 4 días descontrolouse e tiveron que paralo. (Máis info na Wikipedia)

8. O pequeno Albert: Deron varios obxectos a un bebé de 11 meses. Cada vez que interactuaba cos obxectos golpeaban cun martelo perto da súa cabeza, condicionándoo a ter medo deles. (Máis info na Wikipedia)

7. O cantil visual: Os bebés eran colocados sobre a ilusión dun precipicio. As nais tentaron persuadilos para gatiñar sobre o "precipício", e chegouse á conclusión de que non se deben deixar bebés perto de beiras elevadas. (Máis info na Wikipedia)

6. O experimento do xoguete roto: Daban aos nenos un xoguete "especial", feito para romper só. Cando rompía, o examinador ollaba para o neno e dicía "Oh, non!". O obxectivo era explorar o sentimento de culpa, mais acabou traumatizando moitos nenos. (Máis info no New York Times)

5. Economia doméstica: Na década de 1950, varias universidades recolleron centos de bebés de orfanatos. Os estudantes podían así practicar as últimas teorías sobre a cría de bebés en suxeitos vivos.

4. O estudo do monstro: Nun grupo de nenos, foi usado reforzo negativo en aqueles que tatexaban e gabanzas en aqueles que non. Todos os nenos acabaron tatexando. (Máis info na Wikipedia)

3. David Reimer: Durante a circuncisión, o pene de Reimer foi queimado accidentalmente. Un psicólogo aconsellou unha mudanza de sexo, unha oportunidade para pór a proba a educación contra a natureza. David rexeitou a súa nova identidade e acabou suicidándose. (Máis info na Wikipedia)

2. O experimento do boneco Bobo: Mostraron a un grupo de nenos un vídeo de adultos batendo nun pallaso. Cando foron colocados nun cuarto cun pallaso, inmediatamente comezaron a asaltalo. (Máis info na Wikipedia)

1. Anestesia: Até 1985 era a práctica habitual operar os bebés sen anestesia, mesmo nas cirurxías de corazón. Os médicos opinaban que os bebés, ao contrario que os adultos, non entraban en shock por moita agonía que sofresen.

Ningún comentario:

Publicar un comentario