Con este vídeo, Innopharma comeza unha serie divulgativa en colaboración cos grupos de investigación BioFarma e Medicina Xenómica, que irán publicando no canal do Youtube do CiMUS (Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas). Podédesvos subscribir ao canal no botón que aparece debaixo do vídeo. E aínda que sexa só por ver o noso querido Ángel Carracedo, que é un amor de home, xa paga a pena facelo.
Innopharma é unha iniciativa galega para a descuberta precoz de fármacos que contribúe con apoio tecnolóxico para potenciar o sector farmacéutico na Galiza, trasladando o know-how académico a proxectos de descuberta de fármacos. É unha plataforma de investigación farmacoxenómica, baseada no coñecemento que xunta as capacidades das plataformas de xenotipado e de screening de fármacos da Universidade de Santiago de Compostela, lideradas polos doutores Ángel Carracedo e Mabel Loza respectivamente. O seu obxetivo é cubrir o oco (gap) existente entre a investigación básica en novos mecanismos terapéuticos e a súa aplicación industrial; levando a cabo proxectos que permitan engadir valor ao coñecemento científico e trasladalo a programas de descuberta de fármacos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario