Tradución da letra:
O reloxo avanza rápido de máis esta vez,
non podo perder nin un momento.
Hai unha chea de libros ao meu redor
e parece que xa é o día,
os finais están a chegar e temos que nos esforzar,
mais xa aceptei que vou suspender.
Nada de diversión hoxe, nada en absoluto,
acabouse o falar por teléfono.
Ler isto, escribir aquilo e aprendelo todo.
Non podo aprendelo todo!
Ao carallo, ao carallo,
non podo estudar isto máis.
Ao carallo, ao carallo,
todas as miñas aulas son un noxo.
Tanto me ten suspender o exame,
deixa que a miña nai se alporice...
As notas nunca me preocuparon demasiado.
Ao carallo, ao carallo,
xa non che me importa unha merda.
Ao carallo, ao carallo,
tiro coa mesa, que vos dean polo cu,
deixo esta puta merda para sempre,
impórtacheme un carallo!
As notas nunca me preocuparon demasiado.
—Non vas entrar en Medicina...
—Sabes o que? AO CARALLO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario