Foto: Feísmo Lingüístico. O termo correcto en galego é padiola. |
Hai xa uns anos, levei o meu caderno de prácticas a un ilustre catedrático de Anatomía para que me asinase a correspondente sesión clínica. Como galegofalante que son puxen en galego o título da dita sesión, polo que no caderno aparecía escrito «Ombro doloroso». No momento de ir asinar, decorreu o seguinte diálogo.
—Eso no te lo firmo.
—Desculpe, por que non mo quere asinar?
—¿Has leído lo que has puesto?
—Ah! Dío polo de "ombro"? É que en galego non leva hache.
—¿Cómo que está en gallego? ¿En gallego no sería "dooroso"?
—Non...
—Venga, venga —dixo mentres asinaba— como quieras.
O preocupante desta anécdota non é que o home non soubese que ombro, como úmero, veñen do latín umerus, polo que etimoloxicamente non levan h. O preocupante é que un catedrático que naceu na Galiza, que se formou na Galiza, que exerce na Galiza e que é membro da Real Academia de Medicina e Cirurxía da Galiza descoñeza e menosprece a lingua propia do seu país. E non, por desgraza non é un feito isolado. Non hai máis que ver as sinalizacións de case calquera hospital galego, onde aparece sistematicamente o castelanismo *neumoloxía, cando en galego non hai máis forma que pneumoloxía.
Mais xa non é só o desleixo, senón a falta de oportunidades. A día de hoxe, na única facultade de Medicina da Galiza, as aulas en galego son totalmente residuais. Pode variar segundo a promoción, mais na miña só tiven tres profesores que falasen na nosa lingua. Vaia, catro se contamos un que non nos deu máis que tres ou catro aulas dunha hora. Tendo en conta que, de modo xeral, temos uns catro profesores por materia e unhas dez materias por ano, nun total de seis anos... que porcentaxe representa iso? 5%, tirando polo alto? E sen entrar a valorar a calidade do galego que falan, entre coniuxes (cónxuxes) e abrochos de lexionela (surtos ou brotes).
Entón, neste panorama, cando unha persoa acaba a súa formación médica, non ten idea de cal é a forma galega dos termos médicos. E así, se quere usar o galego con normalidade na súa profesión, na maioría dos casos verase na obriga de usar o termo castelán que lle é familiar, axudando a deturpar un pouco máis o noso xa deostado idioma. Mais aínda hai esperanza. Se tomamos consciencia da situación e nos preocupamos por usar os termos galegos, aos poucos iremos naturalizándoos, espallándoos e favorecendo que a xente os coñeza. Para iso déixovos dous documentos de grande utilidade:
- Dicionario Galego de Termos Médicos (.pdf)
- Vocabulario de Medicina (galego-español-inglés-portugués) (.pdf)
(Nota: Os exames da carreira son practicamente todos tipo test, coas preguntas redactadas en castelán. Entón, o noso dereito a responder na lingua que queiramos redúcese a escribir un xe, un xis ou un equis.)
Ti cando queiras na facultade podes pedir o exame en galego. Se non o queres en test, vai a Hungría ou a Alemaña e terás que facelos todos falando. E problema resolto.
ResponderEliminarO problema é que o galego técnico é tan normativizado que a calquera paisano galego de sempre dislle gorxarela e non vai saber que é. O mesmo para moitas doenzas que son normativas feitas exclusivamente para encher o dicionario médico galego.
Estou de acordo con AmilGZ.
ResponderEliminarDesde logo a linguaxe específica da medicina en español é taaaaan clara.
Vamos, eu como paciente, vou ao médico e moitas veces non entendo o que o médico me está contando, e non porque sexa en galego ou en castelán, senón polos termos técnicos dos que abusa ao falar cando me dá o diagnóstico (hainos que se expresan con claridade, tamén hai que dicilo)
Por certo, que é a gorxarela? Non aparece nin no Dicionario da Real Academia Galega, nin nas dúas referencias bibliográficas que deu a compañeira.
Inventar palabras para confundir non me parece moi axeitado...
Vaia por diante que veño a deixar a miña opinión de maneira moi humilde, xa que nin sei se serei quen de escribir este comentario sen meter a pata, correndo así o risco de que se me acuse de inventar termos.
ResponderEliminarPenso sinceramente que o noso problema é que hai dous galegos: o oficial e o que fala a xente. Non teño datos dos que botar man para apuntalar o que vou dicir, mais case que estou segura de que o segundo caso é o máis común. Unha vez dito isto e aceptando que o galego, coma todas as de máis, é unha lingua viva, qué problema habería en aceptar os termos que xa están "popularizados"? Non se pode impoñer unha maneira de falar, e quen o intente topará sempre cunha parede. Citas por ahí enrriba que "ombro" ven de "umerus". Todo ven de algo, todo mudou algunha vez, e todos acabamos aceptándoo, porque senón todos seguiríamos falando latín ou o que sexa que fora, alá polo nacemento da fala, a nai de todas as línguas. Unha vez que solventemos esta guerra absurda deixaremos de ter problemas, incluídos os que agora te levan a escribir este post con relación os termos médicos, e a única preocupación que teremos será preguntar qué é unha "lámpada de fenda" do mesmo xeito que hoxe preguntamos que son as "miodesopsias"
E agora, se me permitides, non sabendo o que é unha gorxarela pero dando por bo que se quixo referir, como ben apuntas, a colariño, case que me quedo co primeiro, xa que o segundo ten un cheiriño a castelanismo que hasta a min, persoa nada amiga dos radicalismos, me bota p`a trás.
Un saudiño
Tan triste como iso é o fato de que ningun dos colexios de médicos de galiza usa o galego...nas súas páxinas web non hai se quera a opción galego :(
ResponderEliminarMe parece muy bien que quien quiera juegue a inventarse idiomas, pero lo del gallego médico es absurdo. ¿Para qué hace falta? ¿Acaso se van a escribir textos científicos en gallego? No, los textos científicos se hacen en las lenguas de verdad, como el español o el inglés. Y en la práctica clínica habitual, las historias clínicas deberían ser por ley en español, que un médico español que quiera ejercer en España no tiene por qué esforzarse en entender los palabros que se inventen en la neolengua de turno. Para algo tenemos una lengua española, grande y prestigiosa a pesar de lo que intenten algunos.
ResponderEliminarEl médico no solo es un científico (los científicos "de verdad" se ríen a menudo de esas pretensiones), y debe adaptarse a la sociedad en la que vive y a sus pacientes. Prueba a hablarle en castellano en urgencias a tu paciente de 80 años de la montaña lucense. Y prueba a hablarle en castellano a un paisano de Lleida. A ver con cuál de los dos consigues hacerte entender a la primera.
EliminarLuego sí, publica en el idioma que te dé la gana. Un texto científico, claro, porque lo que es de lingüística no tienes ni idea. Pero si no sabes hablar el idioma en el que te hablan, muy buen médico no llegarás a ser nunca.
Un saúdo!
Penso que non debín expoñer ben o que quería trasladar, ou que non entendín a entrada. En todo caso, o que quixen dicir é, utilizando un símil médico, que actuando sobre o que provoca a enfermidade desaparecen tamén os síntomas que a fixeron visible, entendendo coma síntoma todas as reivindicacións que eiquí, na entrada e nalgúns comentarios, se expoñen.
ResponderEliminarSe non se inventaran os idiomas, algúns seguirían gruñindo nas cavernas. Mais, que parbos fumos, démoslle o instrumento co que deixar o devandito lugar e agora non temos outra que aturalos. Iso sí, con paciencia e un carro que nos axude a levala.
En fin
Dúbida aquí mesmo: dise parbo ou parvo? Metéuseme o parvus na cachola e cando insulto á xente non adoito facelo por escrito...
EliminarParvo ;)
Eliminar