Nacho Mirás, Rabudo para os amigos da Internet, é un coñecido xornalista do grupo Voz. Comezou os seus pasos en La Voz de Galicia, deu unha volta por Radio Voz, onde foi xefe de informativos de Galiza e director da emisora de Vigo, para finalmente voltar ao xornal. Alén de xornalista, tamén é profesor no departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. En resumo, un partidazo.
Mais as enfermidades non entenden de carreiras laborais, e sexas rico ou pobre, lindo ou feo, sempre che pode tocar. E a Nacho tocoulle. Deste xeito, en 6 de outubro de 2013, un astrocitoma anaplásico de grao III aloxado no lóbulo temporal dereito do seu cerebro decidiu facer a súa primeira aparición. O que o tumor non sabía era que ía toparse cun tratamento revolucionario, xa que o bo de Nacho decidiu combinar a cirurxía, quimioterapia e radioterapia que recibiu no CHUS coa novidosa blogoterapia. E deste xeito, o seu blogue reconverteuse nun diario onde conta como é a súa experiencia.
E xa calo por hoxe, que sexa o propio protagonista quen vos conte a historia. O enderezo do blogue é:
E se queredes saber máis, déixovos uns cantos artigos e entrevistas que lle fixeron nos medios:
- O xornalista Nacho Mirás describe a súa loita contra o cancro (La Voz de Galicia, 15/01/2014)
- En los zapatos de Nacho Mirás (Diario Responsable, 31/01/2014)
- Nacho Mirás: "Escribo para saber lo que siento y ordenar mi vida" (Cadena Ser, 28/01/2014)
- La lucha de Nacho Mirás @rabudo1 para derrotar a Casiano. #MAN Mucho Ánimo NACHO (Radio Voz, 31/01/2014)
- Radio, quimio y 'blogoterapia', la batalla de un periodista contra el cáncer (El Confidencial, 01/02/2014)
- No Día Mundial contra o cancro Nacho Mirás cóntanos a súa batalla na loita contra a enfermidade (TVG, 04/02/2014)
Recoméndovos vivamente o blog de anécdotas médicas: Crónicas hipocráticas blogspot, historias delirantes que lle ocorren a unha internista viguesa.
ResponderEliminar