Mateo, internista: «MIR is coming!»


Mateo Balado estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, presentouse ao exame MIR en 2013 e actualmente é R1 de Medicina Interna no Hospital Universitario de Getafe. Estes son os seus consellos.



MIR is coming!!! 

Parece unha tomadura de pelo, cando a dinámica vital redúcese a un maratón de chapatoria on fire, estás repasando máis de media ducia de asignaturas/semana, e sacando tempo de onde non hai para facer simulacros nos que os percentiles bailan como un Van Damme de tres ao cuarto, pero o peor xa pasou.

A resposta de quen anda sumido na Fase Final (que por certo sona a título de película de acción ochentaria, ou movemento de xogo de rol tipo Magic) podería ser merecidamente un si home si ou un chupa aquí ou algunha lindeza polo estilo. Pero a verdade é que tras pasar meses e meses enclaustrado nunha biblioteca mallando en manuais/desgloses/libros obesos mórbidos como se non houbese mañá, vendo como o resto do mundo ten vida, dúas semanas máis nas que botar o resto non son nada absolutamente. Estades rozando cos dedos a vosa liberdade, o fin do MIRtirio (non puiden resistilo) antes de que vos deades conta ides estar entregando a vosa plantilla e que chova! Agora é cando ides notar que toda esta tocadura de gónadas digo traballo displinado da os seus frutos. 

Asín que un par de consellos:

Priorizade: Xa non hai tempo para chuminadas ou disque disque. Hai que repasar o que sabedes que vai caer. Así que da igual o frikismo que medie, por Buda, non perdades tempo repasando a enfermidade de Kikuchi, a de Gaucher, as Rickettsias e a nai que as fixo ou o distrés respiratorio do potrillo macho. En cambio mirade ata que vos sangren os ollos, con alevosía e dolo, os IAM, TEP, FA, TB,GMN, ACV e demais siglas que son garantía de resposta correcta, motherfuckers. Agora é o intre de afianzar, non de fagocitar todo o que non deu tempo antes (nin falta que fai). 

Non vos poñades a pensar en se vos vai dar a nota para esto ou o outro, que se tedes o percentil non sei que ou non se cantos. Para andar exprimindo os miolos en semellantes disquisicións ides ter meses de sobra. 

E para acabar, o máis importante, parafraseando á Terbutalina: DESCANSEN, OSTIA!!! Non é momento de heroicidades (a.k.a Mongoladas) como non durmir estudar noite e día, empezar a tomar pirulas, ofrecer sacrificios a Macarrón, RuizMateos, (Mr) Satán ou quen sexa. A duras penas sácase tempo á marxe para outra cousa que non sexa as funcións vitais indispensables para non acabar ouveando pola ventana os TNMs do cancro de pulmón cos pantalóns por bandana, pero agora desconectar e máis importante que nunca

E ante todo coidado co que tomamos (nada de poñerse cego de BZP o día de antes, Beta bloqueantes ou calquer outra invención de Mordor antes do exame). 

SORTE, QUE IDES FUNDIR! 

PD: Xa lle podedes ir facendo un monumento aos vosos pais, irmáns amigos, e moz@s, que anda que non nos poñemos gilipollas nin nada con todo este asunto. Sen a xente a quen queredes nada disto sería posible e tampouco merecería a pena.

1 comentario:

  1. AAAAIIIIII, Maretu: YOU ARE THE BEST, jajajajajajaja. A - UUUUUUUUUUUUU, A - UUUUUUUUUUU!!!!!

    ResponderEliminar