Finta, cirurxiá: «Eu fun ao MIR con muletas, unha perna inmóbil e sen reloxo»


Finta Abella estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, presentouse ao exame MIR en 2013 e actualmente é R1 de Cirurxía Xeral no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS). Isto é o que vos ten a contar á xente que estades a piques de examinarvos.



Xa hai un par de meses que Jon me propuxo que escribira para o seu blog, pero por diversos motivos non foi ata agora, a 15 días do día D, cando puiden facelo. E penso nos que estarán preparando o MIR, e en como estarán a estas alturas... en como estaba eu hai un ano, mi madre!! Supoño que estarán nese punto no que parece que claudicas, que non hai tempo material no día para todo, e que te metes na cama e parece imposible desconectar (incluso che veñen cousas soltas á cabeza, nin sequera sabes o motivo, e poste a pensar "e esto de onde era..? De Pneumo? De Onco? aaaaaaaaaah!!"), e estás como medio pirado, con cambios de humor e esgotado, ata parece que te levantas con sono... estás nese momento no que pensas que o tempo corre da túa contra pero nada máis lonxe da realidade, porque o traballo está practicamente feito, soamente queda fixar algúns conceptos e mirar os últimos días as cousas que hai que chapar, e o mellor é que o día do exame chegue canto antes, porque en canto pase empeza o periodo de vacacións máis longas que existen ata a xubilación... eso si que está ben!!

Para animarvos un pouco direivos o que vos espera neses meses de liberdade absoluta: os primeiros días levantarédesvos cedo, é inevitable cambiar nun día os horarios de nove meses, eu estuven despertando ás 8 durante un mes!! Pero ides ter tanto tempo libre que ata estades medios perdidos, despois dunha rutina tan rígida. Eu estaba descolocada. O mellor que se pode facer é pasear, viaxar, ir ó cine, ver películas, dormir, volver a dormir (ides ver que de todo o que vos propuxéchedes facer, dormir vai empezar a ocupar un dos primeiros postos, e que é un pracer enorme). E o que non hai que facer é estar torturándose ou pensando no exame continuamente, porque a nosa mente recorda sobre todo as preguntas nas que fallaches, e non as que contestaches ben, e eso é unha putada. Se lle damos moitas voltas a esto vaise formando unha bóla inútil e parasita que molesta. Hai que saír, quedar, desfrutar porque vai pasar moito tempo ata volver a ter 4-5 meses libres, así que a rendelos!!

Como consellos que eu poida dar... bueno, seguramente non sexa a máis axeitada para isto, a miña amiga Tami estará pensando que manda carallo que os dea eu que me agobiei co exame de Protección Radiolóxica, pero penso que os días previos ao MIR leveinos moi ben e fun moi tranquila, certamente, así que vos diría que:
  1. Facede estes días o mismo que viñestes facendo todo este tempo, e se vos saturades, pasade a outra cousa: serie, música, o que sea que vos distraia... 
  2. Cando cheguedes ao exame non cambiedes nada do que facíades nos simulacros (eu ese día decidín deixar moitas máis en blanco do que facía habitualmente, error, hai que actuar coma sempre).
  3. Ante preguntas de tipo ético que vos collan "en bragas", hai que pensar que todos estades igual, así que a intentar sacala que a resposta está aí. 
  4. Se despois do exame decidides meter os resultados, e ver o posto aproximado que ocupades, tede en conta que pode afastarse bastante do verdadeiro posto (no meu caso o número variou 1300 postos á alta, dálle moito que pensar a un...), e dádelle un valor relativo. 
  5. Intentade ter varias opcións, de especialidades e de lugares, porque idealizar unha soa opción é pecharse portas e arriscar bastante. Evidentemente soe haber unha opción que nos chama máis, pero hai que forzarse a facer unha lista de dez mínimo. Porque nunca se sabe. No meu caso non collín a miña primeira opción, e estou contentísima!! Penso que ata que fas unha especialidade e traballas nela, non sabes canto che gusta. De feito a lista de especialidades é difícil de facer, porque temos unha idea de acordo a como nos foron as cousas na carreira, moitas veces. Eu recomendo non desanimarse e comezar por descartar as que "non gustan" antes de escoller as que "si gustan". 
  6. Preguntade aos residentes antes de coller unha especialidade, ás veces dannos datos importantes á hora de escoller.

E polo resto, xa vós ides ir vendo que facer! E podedes dicir que se sobrevive a unha oposición, e tanto!! Eu fun con muletas, unha perna inmóbil e olvideime de levar o reloxo ao exame... un desastre! Pero tranquilos, sempre hai alguén que leva dous, jajaja... (e no meu caso, foi a que agora é a miña coR, cousas da vida)

ÁNIMO, o día 1 a coller unha boa chuza e a olvidar a metade das cousas!! Jaja...

2 comentarios:

  1. Jajaja,pero claro que no! Que saibades todos que Finta é un exemplo a seguir (en tódolos sentidos,tanto médico coma humano), así que a facerlle caso !!! :)
    Gracias polos ánimos,parvocha! :)

    ResponderEliminar
  2. Non che vin na miña vida, pero GRACIAS. En serio. Gracias. Para min están a ser uns días horribles.

    ResponderEliminar