Moito Harvard e moito conto, mais nós na USC sabemos perfectamente que é o que fai o bazo. Grazas Alberto por me pasares o vídeo!
Tradución da letra:
Os pulmóns fan whoosh,
axúdanche a respirar.
Os riles filtran, fante mexar.
O intestino dixere
toda a comida
e convértea en caca.
O corazón énchese
con moito sangue,
bombéao fóra facendo lub dub dub.
Mais hai unha cousa
que ninguén sabe...
Que fai o bazo?
Ring-ding-ding-ding-dingeringeding!
Gering-ding-ding-ding-dingeringeding!
Gering-ding-útero masculino secreto!
Que fai o bazo?
Wa-pa-pa-pa-pa-pa-pow!
Wa-pa-pa-pa-pa-pa-pow!
Wa-pa-pa-pa-poderes máxicos!
Que fai o bazo?
Hatee-hatee-hatee-ho!
Posibelmente unha lingua de reposto!
Hatee-hatee-hatee-ho!
Que fai o bazo?
Joff-tchoff-tchoffo-tchoffo-tchoff!
Tchoff-tchoff-tchoffo-tchoffo-tchoff!
Joff-tchoff-tchoff-aleta vestixial!
Que fai o bazo?
Grandes veas azuis,
ganglios linfáticos,
moito sangue
en moitos buracos,
a túa forma semella o Brasil
e a túa textura é tan emocionante.
A túa polpa é vermella,
tan fermosa
como un ril disfrazado.
Se podes vivir
sen o teu bazo,
pode o teu bazo vivir sen ti-ou-ou-ou-ou?
You-ou-ou-ou-ou?
You-ou-ou-ou-ou?
Como podería o teu bazo vivir sen ti-ou-ou-ou-ou?
You-ou-ou-ou-ou?
You-ou-ou-ou-ou?
Que fai o bazo?
Jacha-chacha-chacha-chow!
Chacha-chacha-chacha-chow!
Almacenamento para os teus dentes extra!
Que fai o bazo?
Fraka-kaka-kaka-kaka-kow!
Fraka-kaka-kaka-facendo bebés!
Fraka-kaka-kaka-bebés bebés!
Que fai o bazo?
A-hee-ahee hahee!
A-hee-ahee hahee!
A-hee-ahee ha-terceiro ollo!
Que fai o bazo?
A-oo-oo-oo-ooo!
A-oo-oo-oo-ooo!
Que fai o bazo?
O segredo do bazo,
antigo misterio,
algures detrás do estómago
sei que te estás a agachar
Cal é o teu papel?
Saberémolo algún día?
Será sempre un misterio
que é o que fas?
Es o meu órgano gardián
agachado no peritoneo
Que é o que fas?
Saberémolo algún día?
Quero...
Quero...
Quero sabelo!
—Pode ser que filtre o sangue?
—Non, meu, iso é unha parvada.
—Xa...
Ningún comentario:
Publicar un comentario