Vídeo do primeiro ano de vida dun bebé prematuro



Así foi o primeiro ano da vida de Ward Miles, un bebé nacido 15 semanas antes de tempo e pesando apenas 700 gramos. O vídeo foi creado polo pai, Benjamin, como regalalo á nai da critura, Lyndsay Miles. Curiosamente, o día en que Lyndsay facía 32 anos tamén facía un ano desde o día en que o bebé saíra do hospital, co cal o regalo non puido ser máis oportuno.

O pequeno Ward pasou os seus primeiros 107 días de vida internado no hospital. No décimo día, segundo as imaxes do TAC, tiña sangrado en ambos os hemisferios cerebrais. Segundo a escala de Fisher, que vai do 0 ao 4 segundo aumenta a gravidade, tiña un 2 nun hemisferio e un 4 no outro. Afortunadamente, a día de hoxe todo pasou, o neno xa ten 16 mesiños, está a aprender a andar e comeza a dicir as súas primeiras palabras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario