Ode ao anestesista


Lémbrate de activar os subtítulos!

Letra:

A xente pregúntase que é o que fará o anestesista
mentres o doente está a durmir.
A xente pregúntase que é o que facemos durante 3 horas
mentres a máquina pita.

A xente pensa que tomamos café,
laretamos e criticamos en xeral.
A xente pensa que facemos encrucillados e sudokus
e falamos coas enfermeiras.

Mais de verdade cres que é todo o que facemos?
Pois deixa que che diga que non é verdade.

Porque ás veces comprobamos o monitor,
e despois entón escribimos cousas.
E se temos que intervir
inxectamos un pouco de cousa branca.

E ofrecémonos a alterar as luces
ou a altura da cama,
ou fozamos no radio, trocamos o CD,
e mesmo comprobamos o paciente algunha vez.

E se se move, conectamos o gas,
e despois voltamos a ler o xornal.

Porque mentres o doente está a durmir,
tan só sentamos a escoitar o "bip".
Tan só sentamos a escoitar o...

Houbo un tempo en que estaba orgulloso do meu traballo,
mais agora é o tempo de deixar de estalo.
Porque tan só sento aquí todos os días
a escoitar os latexos do corazón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario