Ao longo da licenciatura tiven que facer moitas prácticas en moitos servizos. Nese tempo, fun contando as anécdotas máis curiosas que me ían acontecendo polo Twitter, baixo o nome Diario de prácticas. Agora que teño un blogue, pareceume boa idea rescatar aquelas lembranzas e ilas publicando. Hoxe comezamos coas mellores conversas e frases que teño escoitado a médicos e doentes, todas elas totalmente reais.
A foto é dun cartaz que fixemos para anunciar unha festa de sexto. Non ten nada que ver co tema, pero mola bastante. |
CIRURXÍA CARDÍACA
MÉDICO: ¿Prefiere que le pongamos una válvula biológica o metálica?
DOENTE: Póñama de Uralita.
XINECOLOXÍA
O xinecólogo disponse a realizar unha ecografía transvaxinal. Despois de tentar introducir o transdutor na vaxina repetidas veces sen éxito, exclama:
—¡Ay, qué coño!
PNEUMOLOXÍA
MÉDICO: ¿Cómo está?
DOENTE: Jodido, pero contento.
OTORRINO
MÉDICO: Cónteme, Ramón, por que vén?
DOENTE: Non, eu son Román, Ramón é o meu irmán.
MÉDICO: Vostede é Román e o seu irmán é Ramón?
DOENTE: Correcto.
MEDICINA INTERNA
Frase que me dixo o médico mentres me falaba de como explorar pacientes:
—En una afección rectal, si no metes el dedo, metes la pata.
DERMATOLOXÍA
Unha paciente moi indignada porque o seu médico a mandou para o dermatólogo sen explorala a fondo:
—É que o médico de cabeceira non me quixo mirar ben porque non estou cachonda. Ás rapazas novas seguro que lles mira ben todo.
MÉDICO: Bos días, cónteme.
DOENTE: Mire, eu viña porque me ten que aquelar o tema...
UCI
MÉDICO 1: ¿Qué le pasó a la paciente?
MÉDICO 2: Se cayó de la viña mientras podaba.
MÉDICO 1: Pues no es tiempo de podar...
MÉDICO 2: ¿Ay, no? Pues ve y díselo a la cara.
MÉDICO: E que deporte practicas?
DOENTE: Aikido.
MÉDICO: Daiquiri?
DOENTE: Non, aikido, e tamén jiu-jitsu.
MÉDICO: Daiquiri e Fujitsu?
OUTROS SERVIZOS (é mellor non dicir cales...)
Médico todo indignado polo mal funcionamento do servizo:
—Es que esto no es un servicio, esto es... ¡esto es un retrete!
Frase que me espetou un médico ao escoitarme falar galego:
—Tú no serás de los CAFres ni de Galiza Nova ni de esas porquerías, ¿no?
MÉDICO 1: ¿Qué pone aquí? ¿Pesucitación?
MÉDICO 2: Resucitación.
MÉDICO 1: ¿Y eso qué es?
MÉDICO 2: Volver a la vida.
"Jodido,pero contento",unha frase tipiquísima de meu pai,igual ata foi el quen a dixo. Moi boa a compilación!
ResponderEliminarJajajaja!!!! Muy bueno!!!
ResponderEliminar