As dúas de sempre

Se seguides o blogue desde hai tempo, saberedes que as dúas de sempre son as materias que me faltan para me licenciar, Dermatoloxía e Médica 3. Para casos como o meu, nas universidades existe unha convocatoria especial, chamada convocatoria extraordinaria de fin de carreira. Segundo marca a normativa, ao faltarme menos de 30 créditos para acabar teño dereito a ter unha convocatoria especial en decembro. No caso de aprobar, estaría aprobada e reembolsaríanme a matrícula deste ano; e no caso de suspender, tería dereito a presentarme a unha das convocatorias ordinarias, que podería escoller entre xuño e setembro.

Pois ben, sabendo iso, vouvos contar o meu plano maléfico para cada unha das materias:
• Para a Dermatoloxía non hai dúbida ningunha, vou en decembro. Hai pouco a USC publicou as datas dos exames desta convocatoria, co que terei que me enfrontar ao mostro da pel no día 20 de decembro.
• Na Médica 3, o tema é máis complicado. A miña idea inicial era presentarme en decembro, mais un compañeiro foi falar co coordinador da materia, quen lle dixo cousas que non me agradaron. Segundo conta, o exame de fin de carreira é oral, nos últimos anos suspenderon os 100% das persoas que se presentaron, e non aprobalo significa ir dereitiño para setembro, sen opción a xuño. Á vista disto, irei ao exame na convocatoria ordinaria, tendo o parcial de neuroloxía e neurocirurxía no 31 de xaneiro (conforme o votado no blogue de sexto) e o final no 4 de xuño (data oficial da USC).
E se todo vai como debe, en xuño de 2014 serei por fin licenciado.

2 comentarios:

  1. Y muerde sus labios,
    cuando suena un disparo.
    !Y gritan los sabios
    el día esta muy claro!.

    ResponderEliminar
  2. Ánimo, que estás a só un paso do noso soño. Non che parece xa que case o rozas cos dedos?
    E non entendo por que Castillo se está a portar tan mal coa xente que non aproba a súa asignatura á primeira. Porque visto o que xa fixo en setembro, non me sorprende nada isto que dis...

    ResponderEliminar