Aitor Abuín estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, presentouse ao exame MIR en 2013 e actualmente é R1 de Hematoloxía no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS). Estes son os consellos que vos dá a todas aquelas persoas que estades a preparar o MIR.
Moi boas, compañeiros MIReños.
Miles de regras mnemotécnicas voando pola vosa cabeza. Correccións de simulacros (que máis que simulacros parecen colonoscopias masivas) nas que ledes Pregunta que no se puede fallar..., e vós pensades Seguro que non? Estádesme retando?. Horas e horas de academia na que vos machacan con cousas que poden caer, pero que ó mellor non caen...
Si, 2 meses para facer, o que moitos dan en chamar, o exame máis importante (polo momento) das vosas vidas. 2 meses nos que vos virán dúbidas de se o estades facendo ben, se lle dedicades o tempo necesario a estudar, ou se pola contra vos estades pasando...
A estas alturas da película poucos consellos vos podo dar. Tedes o traballo prácticamente feito. Pero si vos podo comentar unhas cantas cousas que son ETA nestes momentos:
Antes díxenvos que tiñades o traballo feito, e agora engado que, de seguro, moi ben feito. Ides facer un exame caralludo, e ides poder escoller o que queirades onde queirades. Seguro.
E sen máis, deixo de darvos a chapa con este discurso de abuelo. Grito espartano, e a comerse o MIR, compañeiros!

- Perder o tempo con asignaturas de estilo Inmunoloxía ou Xenética. Optimizade.
- Deixar de lado os Desgloses, Libro gordo ou onde sexa que teñades as preguntas dos anos previos, para estudar máis horas. Eses libros son a Biblia, e tedes que ter fé cega neles.
- Cambiar o voso horario de estudo.
- Facer dos percentís o centro das vosas vidas.
- Agobiarse, en xeral.
Antes díxenvos que tiñades o traballo feito, e agora engado que, de seguro, moi ben feito. Ides facer un exame caralludo, e ides poder escoller o que queirades onde queirades. Seguro.
E sen máis, deixo de darvos a chapa con este discurso de abuelo. Grito espartano, e a comerse o MIR, compañeiros!
VOU CHORAR! :) ;) Dr. Abuín, ti fundes. Ti molas. Ti eres exemplo a seguir!
ResponderEliminarAmén! :)
Hola, soy el Levantador y apoyo tu comentario 100%. La clave también está en levantarse temprano.
ResponderEliminarAMEN!!!!
ResponderEliminar