Onte á noite, mentres durmía, sentín un zunido no medio da escuridade. Ao espertar, un picor intenso invadiu as partes máis inverosímiles do meu corpo. Decidido a dar co causante do meu malestar, acendín a luz e procurei incansábel por todo o cuarto. Cando xa me cansei da busca, decidín volver durmir. Isto pasou unhas 3 ou 4 veces ao longo da noite.
Finalmente, ás 6 da mañá localicei o maldito mosquito. Sen quitar a vista del, agarrei a zapatilla que estaba no chan. Aínda non me explico como puido ser, pero no fragmento de segundo que tardei en levantar a zapatilla para darlle con máis forza o mosquito esvaeceuse. Desapareceu subitamente diante dos meus ollos.
Así comezou a lenda do Mosquito Ninja.
Lánzalle unha masterball!
ResponderEliminar