FEITOS SOBRE NAVARRO
- As bágoas de Navarro poden curar o cancro. Lástima que Navarro nunca chore.
- Navarro foi quen matou a Costa da Morte.
- Hai un promedio de 1242 obxectos nun cuarto cos que Navarro podería matarte, incluíndo o cuarto en si.
- A carga do Prestige era unha transfusión de sangue para Navarro. Aínda está a preparar a vinganza.
- Navarro nunca leva paraugas en Santiago.
- Navarro é a razón pola cal Wally se esconde.
- A maioría da xente ten un testículo máis grande que o outro, Navarro ten os dous testículos máis grandes que o outro.
- Navarro vende a súa urina en bote, chámase Red Bull.
- Navarro xoga ao tute cunha soa carta. Nunca perdeu.
- Navarro pode conquistar Zamora en 59 minutos.
- Navarro non ten complexo de superioridade, é realista.
- Navarro instalou o Windows Vista no seu cortacéspede. Aínda non se lle colgou.
- Navarro pode crear páxinas web en código morse.
- Navarro capturou os 151 pokémon no Tetris.
- Navarro pode matar dous tiros dun paxaro.
- Navarro é a excepción que confirma todas as regras.
- O sol sae puntualmente cada mañá, Navarro odia a impuntualidade.
- Navarro non ten esperanza de vida, ten Período Medio de Desintegración Atómica.
- Navarro é o presidente do seu clube de fans. Non se anda con falsas modestias.
- Navarro é o único humano capaz de suicidar a outro.
- Un día unha cobra mordeu a Navarro. Despois de cinco días a agonizar, a cobra morreu.
- Navarro non cre nas leis da termodinámica. As leis da termodinámica cren en Navarro.
- Navarro fai chorar as cebolas.
- Navarro naceu todos os dias do ano.
- Navarro derrubou un avión apuntándolle co dedo e dicindo “bang”.
- Navarro non recomenda estudar polo Guyton, o Guyton recomenda estudar por Navarro.
- Cando Navarro entra nun cuarto non acende a luz, apaga a escuridade.
- É falso que a Terra xire ao redor do sol. Tanto a Terra como o sol xiran ao redor de Navarro.
- A dixestión de Navarro é o proceso máis parecido á fusión fría que existe.
- Navarro non escribe libros, as palabras xúntanse soas por medo.
- Navarro foi quen fixo que Plutón deixase de ser un planeta.
- Hai xente que di que a USC quitou Biofísica de Medicina. É rotundamente falso, foi Navarro quen quitou Medicina de Biofísica.
- A falta de de sangue que houbo no Nadal nos hospitais galegos arranxouna Navarro. Foi doar cun coitelo e un caldeiro.
- Navarro non le libros, olla fixamente para eles até conseguir a información que quere.
- Navarro non dorme, espera.
- Navarro pode ver a curvatura da Terra a simple vista.
- Navarro non reza para ir ao ceo, Deus reza para que non vaia.
- Navarro non chora, chove.
- Navarro pode respirar baixo a auga. E baixo o lume.
- Se Navarro se tira a unha piscina non se molla, a piscina navárrase.
- Navarro contou até o infinito. Dúas veces.
- Cando Navarro fai flexións non se eleva, empurra a Terra para baixo.
- Navarro xogou á ruleta rusa co cargador completamente cargado. E gañou.
- Navarro pode facer lume á noite cunha lente diverxente.
- Navarro pediu o Que viva España no Avante. E puxéronllo.
- Navarro non envellece, non lle ve utilidade.
- O Universo non se expande, só tenta fuxir de Navarro. En van.
- Navarro non conta mentiras, a realidade adáptase ao que el di.
- Non existe o aquecemento global, foi Navarro que moveu o sol porque tiña frío.
- Navarro non ten reloxo, el decide que hora é.
- Cando Navarro vai cruzar a rúa, os coches miran aos dous lados.
- Navarro é quen mordeu a mazá do logo de Apple.
- Se Navarro non vai á montaña, a montaña non ten o valor de se achegar a Navarro.
- A lei da gravidade non ten xurisdición sobre Navarro. Ningunha lei a ten.
- Navarro reproduce os DVDs nun reprodutor de vídeos BetaMax. E os Blu-Ray nunha gramola.
- A Muralla Chinesa foi construída para manter fóra a Navarro. Fallou miserabelmente.
- Navarro deseñou o seu propio ADN.
- A Lei dos Gases ideais está baseada nas propiedades das flatulencias de Navarro.
- Navarro pode gañar ao Conecta4 con só tres movementos.
- Cando Navarro mira o horizonte ve a súa propia cabeza por atrás.
- Navarro lanzouse da vixésima planta dun edificio. A rúa onde caeu morreu.
- Navarro sabe falar en braille.
- Navarro non mexaba na cama de pequeno, era a cama que mexaba de medo.
- Navarro pode rebobinar os DVD.
- A xente usa pixamas de Superman. Superman usa pixamas de Navarro.
- Navarro nunca fai a cama, mais lle vale á cama estar feita.
- Navarro sabe canto mide o Universo. Mediuno el mesmo, a palmos.
- Na Biblia Xesús converteu a auga en viño. Navarro converteu ese viño en whisky.
- Unha imaxe vale máis que mil palabras. Unha imaxe de Navarro vale máis que un billón de palabras.
- Navarro non xoga a ser Deus, xogar é cousa de nenos.
- Todos os xenes de Navarro son dominantes.
- Navarro gravou toda a Internet nun disquete protexido contra escritura.
- A maneira máis fácil de saber a idade de Navarro é cortalo polo medio e contar os aneis.
- Nada pode escapar dun buraco negro menos Navarro. El come buracos negros, sábenlle a polo.
- Cando Deus dixo Fágase a luz Navarro dixo Pídese por favor.
- Navarro bebe Mirinda no Santo Graal.
- Navarro pode tocar o seu cóbado esquerdo coa man esquerda e chupalo coa língua ao mesmo tempo.
- Navarro morreu en 1994, pero a morte aínda non se atreveu a dicirllo.
- Cada vez que Navarro descarga un ficheiro con copyright, a SGAE págalle un canon.
- Navarro sabe tocar a Novena Sinfonía de Bethoveen co triángulo. De memoria.
- Navarro pode curarche unha peristalte inversa meténdoche a man polo ano e dándoche a volta como a unha camiseta.
- No guión orixinal de 300 o protagonista era Navarro. O título do filme ía ser 1.
- A única persoa que pode aprobar un exame de Navarro é Navarro.
- O computador de Navarro non ten tecla Escape. Ninguén pode escapar de Navarro.
- Ser ou non ser? Esa é a cuestión. Navarro é a resposta.
- Cando alguén di Ninguén é perfecto Navarro tómao como un insulto persoal.
- Xesús pode camiñar sobre a auga. Navarro pode camiñar sobre Xesús.
- Din que cada vez que te masturbas Deus mata un gatiño. Cada vez que Deus se masturba Navarro mata un león.
- Navarro coñece o derradeiro díxito de pi.
- Quen ri o último ri mellor. Quen ri de Navarro, morre.
- Navarro usa tabasco como colirio para os ollos.
- Navarro non vai á velocidade da luz, é a luz quen vai á velocidade de Navarro.
- Navarro non é só un nome, é tamén un verbo, un adxectivo, unha preposición…
- Estas frases non están baseadas nos Chuck Norris facts. É Chuck Norris quen está baseado en Navarro.
NOTA: En 2006 tiña un blogue chamado 'VósMolades', onde falaba de máis ou menos as mesmas cousas que neste, mais desde a perspectiva dun estudante de primeiro. Nese blogue escribira un post chamado 'Razóns polas que Navarro mola', imitando os Chuck Norris Facts mais co noso querido profesor de Biofísica (actualmente de Fisioloxía) como protagonista.
'VósMolades' foi eliminado, mais esas frases sobre Navarro valéronnos de novo en 2012 para facer campaña a favor da elección de Navarro como padriño da nosa promoción, para o cal fixemos unha web e todo. Finalmente a decisión foi tan apertada que a nosa promoción tivo dous padriños, Juan Navarro e Ángel Carracedo.
Pois ben, hoxe quíxenvos traer de novo esas frases, para todos os novos estudantes que están a comezar Medicina e aínda acaban de coñecer a Navarro. Porque Navarro évos moito Navarro, meus amigos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario