Dentro dunhas horas saio para Santiago, xa que mañá teño o exame de Médica 3. Para quen non se lembre, Médica 3 é unha das dúas materias que me faltan para licenciarme, e inclúe as partes de Neuroloxía, Neurocirurxía, Traumatoloxía, Reumatoloxía e Xeriatría. Se tivese o exame de Dermatoloxía aprobado (cousa dubidosa), este sería o último que me faltaría por facer.
A algúns de vós quizá vos soe a historia dunha revisión onde o profesor fora pouco dialogante. Pois era, precisamente, da mesma materia á que me vou presentar mañá. Esperemos que desta vez non faga falta ir a revisión ningunha. Desexádeme sorte!
ALLONS-Y!
Ningún comentario:
Publicar un comentario