Como despois de 4 días de tratamento non daba curado da amigdalite, hoxe decidín ir ao médico para ver que carallo pasaba. Nada grave, simplemente dobráronme a dose do mesmo antibiótico (amoxicilina/clavulánico). Cal é o problema disto? Pois que como ben apuntou Cynthia nun comentario, a dose anterior xa me provocaba diarrea. Agora coa dose maior pois... facédevos unha idea. Non vou ser escatolóxico.
Fotografía do estado actual da miña amígdala dereita.
Aquí tes un clásico para que o bailes:
ResponderEliminarhttps://www.youtube.com/watch?v=CKjaFG4YN6g&feature=youtube_gdata_player
Así que era amigdalite...mmm...a boa hora me entero!
ResponderEliminar