- Que a señora da limpeza me saúde todas as mañás cun "Bos días, neniño!".
- Que cando menos o esperes apareza o subdirector friki disfrazado.
- Que o director bote broncas á xente ao mesmo tempo que lles ofrece un bombón ou un anaco de biscoito.
- Que as de recepción me saúden cun sorriso cada vez que entro e saio do Burgo.
- Que veñan rapazas para que lles imprima vinte ficheiros cando só me faltan 5 minutos para acabar a hora de impresións (un saúdo, Iria!).
- Que me veña xente para que aumente a velocidade ao seu portátil cheo de adware, con dous antivirus instalados ao mesmo tempo (ambos caducados), co navegador con vinte barras de ferramentas de propaganda e cincuenta programas que non sabe o que son (pero "ai, non mos borres por se acaso").
- Que a xente se queixe de que o wifi vai lento, e que cando lles digo que están a usar a rede mala digan que non queren configurar a boa, que realmente tampouco lles vai tan mal.
- Que haxa persoas que poñan cara de pánico cando lles pregunto se queren o Windows en galego.
- Facer retweet dos insultos da xente ao Burgo desde a conta oficial, para que morran de vergoña e veñan despois pedindo desculpas.
- Chegar á sala de Informática e encontrarme cun sospeitoso rolo de papel hixiénico...
- Que a veciña do lado decida que o momento idóneo de practicar o coito é a madrugada antes dun exame.
- Que a veciña do outro lado, ao escoitar os ruídos do coito, teña envexa e decida pórse tamén á faena, só que facendo aínda máis barullo.
- Ir cargado con bolsas e maletas, chegar á porta do teu cuarto e que non abra porque tes a tarxeta sen actualizar. Baixar, actualizala, subir, que continúe sen abrir, baixar de novo, que cho actualicen na conserxaría, subir e poder por fin entrar.
- Tomar o café na habitación do Fer.
- Pasar a roupa a ferro mentres vexo a tele xigante da Olalla.
- Facer torta de 3 chocolates con Laura.
- Recibir a visita de Ana, Juan ou Javi no momento máis inesperado.
- Saír de festa con Pablo.
- Ter conversas transcendentais no balcón da sala de estudo da terceira planta.
- Axudar nos talleres de repostaría de Sociocultura (ou, máis ben, molestar).
- Que a caixeira guapa do Gadis me mire mal, pero que na hora da verdade sexa un ceo de persoa.
- Vivir no 5º fase C e tardar máis en chegar da entrada da residencia á habitación que en chegar da zona nova ao Burgo.
- Que a xente se asuste ao ver unha silueta negra na miña porta.
- Que a xente faga fotos coa decoración da miña porta.
- Que algún gracioso me arranque o papeliño de "Hoxe non limpe" da porta e entre a da limpeza á mañá, mentres estou a durmir en calzóns.
- Encher unha sala de estudo do Burgo con notas secretas, como un carteliño no teito que di "deixa de ollar para o teito e pónteme a estudar, folgazán".
En definitiva, o que máis vou botar de menos do Burgo é... vivir no Burgo.
Esquecícheste de "Comer a torta de 3 chocolates con Laura"!
ResponderEliminarE eu tamén o vou botar de menos.
E a ti tamén, claro. Pero iso xa se sabe de sobra.
Ademáis, non convén dicircho moito que logo súbeseche á cabeza!
P.S. Sabes? Creo lembrar que eu un día no que estaba eu constipada levei papel hixiénico á Sala de Informática porque xa non me quedaban kleenex. Ao mellor ese rolo era meu! :P
Quizas tamen votes de menos que chamen aporta.Toc toc sorpresa ¿quen e? abres a porta e encontra a tu a nena
ResponderEliminar