Día 57: Tourettes

Mentres continúo a estudar a Derma, déixovos cunha bonita curtametraxe sobre a síndrome de Tourette que vin hai xa tempo. É divertida de ver e axuda a entender un chisco mellor as persoas que a padecen.



SINAPSE SINOPSE:
Tourettes é unha curtametraxe galega que conta a historia de dous namorados que padecen a síndrome de Tourette, dúas persoas marxinadas pola súa doenza que soñan cunha vida mellor.

1 comentario: