Vouvos contar o que fixen no día de hoxe con varias mini-novas diferentes, así como titulares. A min paréceme un xeito curioso de facelo, así con fotiños e tal.
Sorteo de habitacións no Burgo das Nacións
(Anda, saíume un título con rima!) Hoxe foi o sorteo das habitacións para a xente que vén vivir agora en setembro. Como non encontraron ninguén mellor, eu fun a man inocente que recitou os números cal neno de San Idelfonso no Gordo de Nadal. Dou fé de que o sorteo foi totalmente aleatorio, en ningún momento vin os nomes de ninguén, só cantaba números. Entón, se ides vivir no Burgo este ano, podedes chamar xa e preguntar cal vos tocou. E se non vos gusta... a culpa foi miña.
Achégase o momento do adeus, Burgo!
Xa é oficial, abandono o Burgo neste domingo 1 de setembro. Xa teño algunhas caixas (aínda que vou ter que ir por máis...) e a cinta de embalar preparadas para ir recollendo todo aos poucos. E mañá de mañá cederei todas a web do Burgo e todas as contas (Facebook, Twitter...), co que deixarei definitivamente de ser bolseiro de Informática ou de ter calquera responsabilidade na residencia. A fin dunha era.
Incendio en Vista Alegre
Hoxe ás 18h30 houbo un incendio aquí ao lado, na parroquia de Vista Alegre, xa onde comeza o monte. Houbo un momento en que se encheu todo isto de fumo, pero afortunadamente o incendio foi controlado ás 19h45 e agora xa está extinto. Polo que din as novas, a superficie afectada foi de aproximadamente unha hectárea.
Imaxe tirada do Twitter da @redenasa
Modo ermitán activado
Como manda a tradición, nestes momentos previos aos exames o meu cabelo e a miña barba están a atinxir lonxitudes perigosamente elevadas. Son como o tipo ese Era unha vez... que tiña unha barba enorme e sacaba cousas dela, só que no meu caso en vez de branca é de cor castaña escura.
O obxectivo de todo isto é ir acumulando pelo durante o verán para facer con el un abrigo agora cando chegue o outono. Coa cantidade acumulada este ano vaime dar para un abrigo, un xersei de cisne e tres pares de patucos.
O obxectivo de todo isto é ir acumulando pelo durante o verán para facer con el un abrigo agora cando chegue o outono. Coa cantidade acumulada este ano vaime dar para un abrigo, un xersei de cisne e tres pares de patucos.
O que queremos é unha foto túa, que o home de "Érase una vez..." xa está moi visto!! haha
ResponderEliminarja ja ja eu quero unha bufanda pra min
ResponderEliminar