Día 54: Actualizacións

Hoxe é domingo e non teño moito que contar. Non creo que poida sacar nada interesante dun día enteiro a estudar Derma. Entón, vou aproveitar para pórvos algúns engadidos ás publicacións do blogue que fixen esta semana.

En primeiro lugar, María envioume unha foto relacionada co Día 51: Tecido sen tecer. Lembrade que se queredes enviarme cousas para que publique no blogue podedes facelo mediante a páxina do Facebook.


Desta vez danlle unha volta máis ao concepto tecido sen tecer. No texto en castelán falan de tejido no tejido, o que fai a contradición máis evidente. Porén, o mellor está no texto en portugués, onde xa directamente falan de não tecido. O concepto não tecido engloba calquera cousa que non sexa tecido, como adamantium ou filloas con crema. Iso si, están esterilizadas, e iso xa tranquiliza.

Acerca do que dixen no Día 53: Ás portas do Burgo, encontrei fotos dos detalles que dixen da porta do gato e o rato. Aquí tendes a foto do rato no rodapé meténdose polo saíndo do buraco e o rato revolucionario na placa do número de habitación. Lembrade que están disfrazados de Nadal, que non eran así no comezo.


E isto é todo por hoxe. Espérame unha semana intensa, co exame de Derma espreitando sixilosamente e unha mudanza inminente por facer. Xa vos irei contando.

2 comentarios:

  1. Ah, fixestes caso a miña imaxe, ben ben :) Do resto da entrada xa sabes o que penso, que es un artista

    Un bico!

    ResponderEliminar