Falta unha semana para abandonar definitivamente o Burgo das Nacións, a residencia onde levo vivindo 7 anos. Entón, como estou un pouco saudoso, farei algunha que outra publicación nostálxica ao longo destes días.
En 7 anos vivín nun total de 10 habitacións: 1031, 5016, 4019, 1084, 1014, 1016, 3019, 3045, 1033 e 2008. Podería contar mil e unha anécdotas de cousas que me teñen pasado nelas, como as tardes de Dragon Ball ou o verán que batín o récord Guiness de facer mudanzas intrarresidenciais, mais iso quedará para outro momento. Hoxe simplemente vos quero mostrar as portas de dúas desas habitacións, que decorei como ben merecían.
A da esquerda non era así orixinalmente, ao comezo só tiña o rato e o gato. Os regalos e o gorro de Papá Noel do rato foron engadidos no Nadal, para o concurso de decoración de portas (que gañei). Á parte da porta, no rodapé do lado había un outro ratiño entrando por un buraco, e onde a placa co número de habitación había un terceiro rato con pose revolucionaria, camisola do Che incluída. O rato que vedes na foto subido na póla roubáronmo pouco despois, por xaneiro, e o substituín por un cartaz de "Búscase". Abraiantemente, meses despois o rato volveu aparecer na porta, sen que eu soubese que aventuras tivo durante a súa ausencia.
A da dereita foi recibindo actualizacións ao longo do tempo, como uns ollos ou unha espada de Link. Lamentabelmente a xente ten moi mala idea e acabaron arrancándolle a cabeza e escarallándoo. E aínda que tentei recompor o James Bond, nunca volveu quedar igual que na foto.
Tesme que explicar como os facías, que igual me da por aí e lle coloco unha TARDIS ou algo que me encante.
ResponderEliminarUn bico :)