Hai tempo, durante as miñas prácticas de Oftalmoloxía, tirei unha foto a este paquete de material médico. Non me quero anoxar... pero é que se é tecido... COMO CARALLO VAI ESTAR SEN TECER!? O tecido é tecido, faise tecendo! Se non se tece non é tecido, son fíos ao chou! Ou imaxinades no medio dunha guerra o soldado dicindo "desculpe sarxento, o acoirazado afundiu... é que era un acoirazado sen acoirazar"? Ou a min dicindo "si, son licenciado en Medicina sen licenciar"? Pois non! Porque iso é enganar a xente! Ou é ou non é!
Non vos decatades de que se continuamos con isto estamos a dar unha escusa perfecta ao goberno? "Non, non che podemos dar o subsidio, porque es un desempregado sen desempregar". "Sentímolo, non tes dereito á atención sanitaria gratuíta, es un asegurado sen asegurar". Non, non podemos permitilo! Paremos esta tolemia antes de que sexa tarde de máis!
Yo te entiendo Jon, es un sinsentido como la vida misma
ResponderEliminarCaro Jon. A vida mesma é um sem-sentido :-)
ResponderEliminarQue fas estudando iso rapaz? Vanche mellor as "Ciencias Políticas". A mín convencéchesme coas túas frases que "se entenden sen entenderse". ;)
ResponderEliminarA medicina é especialista em inventar termos equívocos. Por exemplo o de "cirurgia nom invasiva". Um raio laser é invasivo? E um ultrassom? Porque umha cousa é que nom doa e outra que o teu corpo nom seja "invadido" ;-))
ResponderEliminar