Día 40: Estreamos páxina no Facebook

Cando digo "estreamos" refírome a min só, xa que son a única persoa que leva este blogue, cousa lóxica xa que vai sobre a miña vida, e non creo que ninguén mellor ca min coñeza a miña vida. Mais uso o plural porque é máis amigábel, parece que lle resta egocentrismo ao feito de estar a falar de min continuamente, que por outra banda é o tema principal de todo isto. Xa me estou a enredar...

O caso é que a petición dunha lectora do blogue (ola María!) quixen pór unha caixa de seguidores no lateral. Mais claro, como Google está coa súa estupidez de meter o Google+ en todos os lados, agora só permite crear unha caixa de seguidores da sua rede social, non a clásica caixa de toda a vida. Deste modo, decidín facer no seu lugar unha páxina do Facebook e colocar unha caixa de "gústames". Así aprenderá Google!

Pois nada, premede sobre a imaxe abaixo para ir á páxina e darlle o voso gústame, ou facédeo coa caixa que está na barra lateral do blogue.


Nota: Non, non é incoherente que hai uns días botase pestes do Facebook e agora cree unha páxina. É que son unha persoa de contrastes.

1 comentario:

  1. Ola, Jon!

    Grazas por facerme caso co asunto dos seguidores, así xa me vale. Xa lle din a "gústame" (supoño que xa o verías).

    Un bico.

    ResponderEliminar