Acabo de ler un moi bo artigo chamado Come to Galifornia, galician California, que compara o sur do noso país co estado estadounidense de California. Chamoume á atención especialmente a comparación entre a Golden Gate de San Francisco e a Ponte de Rande de Vigo, xa que eu de pequeno sempre as confundía.
Pero a raíz dese artigo púxenme a cavilar nas semellanzas toponímicas entre a Galiza e os Estados Unidos. E é que non somos tan diferentes, eles teñen Los Angeles, nos temos Os Ánxeles alí no concello de Brión. Eles teñen Ohio, nós temos O Hío. O concello das Neves non ten nada que envexar ao estado de Nevada. E pode que non teña casinos, pero... Viva As Veigas!
Porque si, de acordo, eles poden ter a cidade do pecado, Sin City, mais nós temos o porto do pecado, Portosín. E, sexamos sinceros, o Kentucky Fried Chicken nunca poderá superar os Pementos de Padrón.
Mais demos un paso máis e saiamos dos Estados Unidos. Non, non falo doutros lugares da Terra, máis lonxe aínda, no espazo exterior. De onde era Luke Skywalker? De Totooine... ou de Tatín?
Xa para acabar, unha imaxe do lugar onde Son Goku e os demais saiáns adestraban para chegar a ser máis fortes.
Xa para acabar, unha imaxe do lugar onde Son Goku e os demais saiáns adestraban para chegar a ser máis fortes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario