Como onte non fun á academia, volvo tirar de recurso fácil e póñovos un tweet da Paula.
Explícovos, nos arredores do lugar onde damos as aulas hai un parqueciño onde todos os estudantes nos amontoamos no xantar. Co cheiro da comida, achégasenos sempre un michiño esfameado. E xusto o día que falto eu deciden pórlle de nome Borja, na honra do director de AMIR. Eu tería buscado un nome máis enxeñoso, como MIRichiño, mais como non estiven presente no bautismo non teño voz nin voto. A vida é dura.

Xa que estades no Twitter recoméndovos seguir a Paula (@neko_miaumiau). Tamén podedes seguirme a min (@amilgz) e a academia AMIR (@academiamir), mais non somos nin a metade de divertidos e enxeñosos que a Paula.
Aínda o van crer, e todo. Iso si, fago uns rechíos caralludos.
ResponderEliminarE hoxe o micho pasou de min :'(