Día 28: Sopas Galegas


Hai un tempo o meu amigo Javi decidiu que quería converterse no novo Steve Jobs Bill Gates Richard Stallman, e creou Debullapps, unha compañía de desenvolvemento de aplicativos para Android.

Na súa enorme magnificencia, Javi decidiu contar comigo como segundo ao mando, nomeándome COO, Community Manager, Betatester... e máis ou menos o que lle vaia facendo falta. Calquera día destes faralle falta limpar os baños e nomearame Bathroom Cleaning Manager, ou apeteceralle un sándwich e entón serei o Sandwichmaker. Só espero polo ben da súa saúde que me dea tempo suficiente para lavar as mans entre unha cousa e a outra.

Pois ben, despois de meses de desenvolvemento, é para nós un pracer presentarvos o primeiro aplicativo de Debullapps. Sopas Galegas está destinado a ser o novo éxito revelación dos xogos para Android. Con máis de 400 termos divididos en 10 categorías, poderás resolver un número case infinito de sopas de letras diferentes na nosa lingua. E por se fose pouco, conta coa función de procurar o significado das palabras, polo que poderás ampliar o teu vocabulario ao tempo que te divirtes.

Entón, que esperas para descargalo?

Actualización: No momento actual xa non teño ningún tipo de vinculación con Debullapps nin os seus aplicativos. Mais descargádeos de todos os xeitos, molan bastante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario