Día 25: Lactante de 15 anos

Una madre muy preocupada acude a su consulta porque su hijo, un lactante de 15 años, presenta una diarrea sin productos patológicos que arrastra desde hace 7 semanas sin síntomas catarrales ni fiebre asociadas. A la EF objetiva TA 142/85, FC 110 lpm. BEG, ptosis palpebral derecha tal como se le muestra en la imagen. Resto de la exploración física y neurológica nomal. ¿Qué solicitaría a continuación?

Así rezaba o enunciado dun dos casos clínicos que nos puxeron hoxe na academia, na aula de Pediatría. Obviamente é unha gralla e o lactante non tiña 15 anos, senón 15 meses, mais o engano provocou uns risos que aliviaron por un momento o que foi en xeral unha tarde moi densa. A verdade é que, despois de ter faltado as dúas últimas semanas, aínda non fora a ningunha aula da segunda volta. Sabía que ían ser duras, mais... mi madriña! Eu toleaba alí metido!

Entón, despois dunha tarde onde supostamente ía repasar o estudado, saín co sentimento de que non sei absolutamente nada sobre a Pediatría. Ben sei que o profesor dixo que pensar iso era normal, que tumba e que dálle, mais o caso é que marchei de alí anoxado. Calquera día mando o MIR ao carallo, collo as miñas pokéball e voume polo mundo adiante para converterme nun mestre pokémon.

Nota: Se alguén de vós está desesperado por saber a resposta ao caso clínico de riba, a opción correcta era a 5. Solicitaría urgentemente un TAC torácico. Xa está, xa podedes durmir tranquilos esta noite.

1 comentario:

  1. A min se non me pos a imaxe da ptose... esa pregunta non a podo resolver!!!

    ResponderEliminar