Os máis espelidos veríades que tanto a semana pasada como esta avisei da nova materia a estudar na terza feira. Isto é porque o calendario de estudo é así, e nas segundas tocou repaso do estudado na semana anterior, o que non significa que no futuro vaia ser igual. Eu xa vos irei informando conforme vaia trocando de materia, vós non vos impacientedes.
Pois ben, desta vez toca Pediatría. Xa que o meu obxectivo é ser pediatra, pois case que vén a ser a miña materia favorita, polo que despois de estudar Neuro e Nefro é unha lufada de ar fresco. Mais non por iso é menos duro, ollo, que estudar hai que estudar e non hai materia fácil.
Para concluír, por se queredes saber un pouco máis da mellor especialidade da Medicina, déixovos aquí un vídeo das Xornadas PostMIR 2013 de AMIR en Barcelona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario