Terbutalina
(Nome sistemático IUPAC: "(RS)-5-(1-hydroxy-2-tert-butylamino-ethyl)benzene-1,3-diol")
A Terbutalina é un fármaco do grupo dos agonistas dos receptores gastropunkérxicos β2, con accións euforizantes. É indicado no tratamento a curto prazo da apatía de predominio nocturno. Entre os seus efectos secundarios encóntrase a asterixe, caracterizada por movementos rítmicos semellantes a algún tipo de danza tribal; e a ecolalia, visíbel pola repetición sistemática de retrousos tales como "oa, oa, oa, quero ser unha filloa" ou "eh, eh, eh, eh, o teu corpo pide gherra".
Fig. 1. Monodose de Terbutalina por vía auditiva. Non consumir sen prescrición médica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario