Día 12: Soy un gnomo...


Quen non quería ser un xogador de fútbol cando vía Oliver e Benji? Quen non pensou na cantidade de cousas que podería facer cos trebellos de Doraemon? Quen non tentou lanzar unha onda vital como Son Goku? Pois, de entre todos os deseños animados da miña infancia, houbo unha serie que representaba o tipo de persoa que eu quería ser no futuro: David o Gnomo.

Pasemos por alto o detalle de que David era tecnicamente veterinario e non médico. O relevante da historia era a implicación do gnomo cos seus doentes. Ao longo dos capítulos atravesaba florestas, desertos e sabanas; procuraba incesantemente as herbas medicinais que precisaba; enfrontaba trolls e demais perigos... só para poder axudar a quen o necesitaba. E unha vez feito o seu labor, o único pagamento que precisaba era saber que acababa de salvar unha vida.

A pesar de que David o Gnomo medía só 15 cm (sen contar o seu omnipresente gorro), espero poder estar algún día á súa altura como médico.

Eslizbai!

Ningún comentario:

Publicar un comentario