Non sei se coñecedes, mais Bitacoras.com, co apoio da RTVE, convocan cada ano os Premios Bitácoras aos mellores blogues. E eu teño un blogue chamado As MIR e unha noites, non sei se vos soa...
Entón, vouvos pedir o voso voto. No momento de escribir estas liñas, As MIR e unha noites vai na 47º posición na categoría Mellor Blogue de Saúde e Innovación Científica. Sei que é complicado, hai moitos blogues moi bos, e este é o único en galego, mais... axudádesme a facelo chegar aos 10 primeiros?
INSTRUCIÓNS PARA VOTAR
1. Vai a esta ligazón:
2. Inicia sesión coa túa conta do Facebook ou do Twitter. Só tes que premer no botón correspondente e aceptar o acceso á túa conta. Non ten máis. É fácil, rápido e sinxelo.
3. Unha vez inicies sesión, redirixirante á páxina das votacións. Asegúrate de que no apartado Mejor Blog de Salud e Innovación Científica aparece http://www.asmireunhanoites.com, tal e como se ve na imaxe. Se non está, engádeo manualmente. Opcionalmente, podes votar até 5 blogues en cada unha das categorías, simplemente escribindo os seus enderezos nos recadros das categorías correspondentes.
4. Unha vez teñas xa postos todos os enderezos dos blogues que queres votar nos recadros, vai abaixo de todo e preme en Votar. E xa está!
E iso é todo. Moitísimas grazas!
Feito! Moita sorte!
ResponderEliminarMoitísimas grazas!
Eliminar