Este artigo é unha colaboración de Alberto FM. Se tu tamén queres colaborar con As MIR e unha noites, ponte en contacto pola páxina do Facebook ou o correo-e contacto@asmireunhanoites.com.
Hai pouco máis dun ano As MIR e unha noites estreaba colaboracións cun pequeno texto en que falaba do importante que é o sinxelo agasallo de doar medula. O texto estivo inspirado nun rapaciño chamado Daniel, que por aquel entón estaba a pasar polo seu primeiro transplante de medula. Actualmente, por desgraza, continúa na loita contra a doenza cun segundo transplante.
Pero desta volta o importante non é a loita particular de Daniel. O importante é, máis unha vez, aquilo que proporciona a el e outros moitos coma el os superpoderes necesarios para seguir adiante coa súa loita: unha nova medula.
Nesta redacción coñecemos hai unhas semanas e case en primicia (que profesional queda un dicindo iso) un video feito por Unidos por la médula, un grupo de voluntarios que tenta acabar coa desinformación existente sobre a doazón de medula ósea. Antes de que nos dese tempo a compartilo xa estaba espallado polas redes sociais e nos grandes medios de comunicación, chegando mesmo a América apenas nun par de días. Todo un logro, parabéns para eles!
Nese vídeo Daniel explícanos como é o proceso de doazón, algo case visto e non visto, pouco mais ca unha picada que el soporta sen tan sequera utilizar os seus superpoderes, só cunha piruleta é mais ca suficiente.
Non deixedes de ver o vídeo, seguro que este pequecho tan adorable vos convence para facervos doadores de medula!
Se despois de rexistrarvos como doadores de medula aínda tedes un anaquiño de tempo libre, podedes coñecer a súa vida e “aventuras” seguindo o blog Mi duende Dam Dam, no que súa nai transforma o seu día a día en enxeñosas historias que sen dúbida merece a pena ler.
PARA SABER MÁIS...
- Daniel, de 4 años, explica cómo donar médula: "Hay que soplar fuerte, ponen la tirita y tarapún" (El Huffington Post, 29/01/2015)
- «Póñenme o apósito para que non se vaia o sangue e tarapún» (La Voz de Galicia, 29/01/2015)
- Un niño de 4 años enfermo de leucemia explica en un emotivo vídeo que donar médula no duele (Antena 3, 29/01/2015)
- Saber vivir - Daniel nos cuenta porqué hay que donar médula (TVE, 30/01/2015)
- ‘Donar médula NO debe dar miedo’ (Telecinco, 30/01/2015)
Ningún comentario:
Publicar un comentario