Até agora, se alguén che convidaba a xogar aos médicos, todo o mundo sabía que é o que había. Mais agora, grazas a este novo xogo de mesa, podes xogar aos médicos de verdade! Viva! Non, espera, creo que estou a conseguir o efecto contrario ao que quería...
Nosocomio é un xogo de mesa desenvolvido por un grupo de médicos valencianos un pouco nerds. Está pensado para xogar entre 3 e 6 persoas, e consta de 112 cartas que inclúen doenzas, profesionais sanitarios e máis tipos, todas relacionadas coa medicina. O obxectivo é limpar a túa planta enviando todos os teus doentes ás camas dun rival, ou curar un total de 5 doentes. A primeira persoa que o logre, gaña.
Si, xa sei que a estas alturas estades a pensar Shut up and take my money!, mais o xogo aínda non está feito. Para poder logralo, os creadores están a facer unha campaña de crowfucking crownfinding crewfisting pedir diñeiro por Internet, e só se fará realidade se chegan aos 5.700€ en 40 días. Se contribúes con 18 euros (e chegan ao obxectivo de cartos) mándanche á casa o xogo. E se contribúes e non chegan ao obxectivo, non te preocupes, porque non che van cobrar nada. Que como podes contribuír? Pois a través da plataforma Verkami. Verkami, e non outra, non vos vaiades crowdfundir.
Se queredes saber máis do xogo, contribuír ou facer preguntas aos creadores, tendes aquí abaixo o widget.
Ningún comentario:
Publicar un comentario