Este artigo foi escrito por Iria Carreira, estudante de Medicina que estivo presente na concentración de batas brancas na praza do Obradoiro de Compostela do 28 de abril contra a troncalidade no MIR.
Eran as 19h20 e o ambiente en Compostela parecía normal. Non obstante, da Facultade de Medicina comeza a saír un regueiro de estudantes vestidos coas súas batas brancas. Un turista pregunta onde está o hospital, a onde van os médicos. Pero o estudantado diríxese cara ao Obradoiro, non a máis prácticas. Hoxe era tarde de protestas.
O alumnado de medicina vimos de recibir a nova de que o Ministerio de Sanidade quere mudar o actual sistema de formación MIR e substituílo por outro máis “á europea”. Mais esa decisión non é baseada nunha necesidade real, senón nuns criterios non completamente establecidos, ademais de contar con profundas lagoas explicativas. Tanto titores médicos, coma docentes e estudantes, opoñémonos á tal reforma, pero o Ministerio, testán e cabezón, continúa obcecado en seguir adiante.
Así que co uniforme e a nosa voz como únicas armas, tomamos o Obradoiro para que se escoitase alta e clara a nosa voz. Que non queremos a troncalidade MIR. Eramos varios centos de estudantes que sentamos no centro da praza a improvisar consignas. “Ministra, paciencia, vémonos en urxencias”, “Troncalidade, así non”. Os peregrinos pasaban e sacaban fotos coma se dunha atracción turística se tratase, mais algúns mostraron o seu apoio á causa, sobre todo ao explicarlles que se a formación dun médico non é a axeitada, quen a acaba sufrindo sempre son os propios doentes.
Esperemos que aló en Madrid se escoitase alto e claro o que resoou esta tarde nas rúas da zona vella compostelá, que o estudantado de Medicina non queremos a súa troncalidade MIR.

Que é a troncalidade?
Vídeo explicativo feito polo CEEM. Máis información sobre a troncalidade na súa web.
A nova noutros medios:
- «Estudantes de Medicina protestan pola nova reforma do MIR» (TVG, 29/04/2014)
- «Los estudiantes de Medicina se movilizan contra la reforma del MIR» (La Región, 28/04/2014)
- «Sentada no Obradoiro contra os cambios na formación do MIR» (La Voz de Galicia, 29/04/2014)
- «'Sentada' de unos 500 alumnos de Medicina para protestar contra los cambios en el MIR» (El Correo Gallego, 29/04/2014)
- «Estudiantes gallegos de Medicina protestan contra la reforma del MIR» (La Opinión A Coruña, 29/04/2014)
Ningún comentario:
Publicar un comentario