Un final...
Así quedou o meu cuarto despois de vacialo de todas as miñas pertenzas. Tiña pensado facer onte ou antonte unha entrada moi emotiva e nostálxica sobre o meu tempo no Burgo, o moito que significou e tal. Pero como ando enfermo, non fixen nada. E se cadra é mellor así. Péchase unha etapa da miña vida. Non vamos facer un drama diso.
...un comezo...
Para facer xogo co meu aspecto de ermitán, fuxín á natureza. Agora vivo arredado do mundo, tendo como única compañía dous gatos, tres galiñas, dous humanos e un hámster. Ah! E wifi! Que unha cousa é ser ermitán e outra moi distinta non ter contacto co mundo.
...e unha continuación
Non todo son boas novas. Xa é o cuarto día que estou enfermo, e non dou estudado nada. Hoxe, por exemplo, botei a tarde toda deitado na cama cunha terríbel dor de cabeza (que aínda me dura). Todo o meu planning de estudo ao carallo. Teño moito traballo atrasado, moito que repasar e moitos exames antigos que mirar.
Moito ánimo con todo Jon! Un bico :)
ResponderEliminarPois eu estaba esperando que fixeras esa entrada nostálxica. Dediquei varios momentos do fin de semana a entrar no blog (e no facebook e twitter a ver se dabas sinais de vida e facías a entrada). Teño unha lixeira obsesión co teu blog da que me teño que curar, seino.
ResponderEliminarBueno, non estás tan mal. A natureza é bonita (aínda que eu prefiro a cidade).
E respecto a saúde, coidate.